Trivium estratexias en cultura e turismo é unha iniciativa creada en Santiago de Compostela en agosto de 2004. Pensamos que a cultura e o turismo son sectores estratéxicos clave para o desenvolvemento sostible dun territorio. O noso compromiso como axentes culturais favorece a conceptualización e produción global de proxectos que promoven os referentes patrimoniais do pasado e do mundo actual.
Realizamos todo tipo de servizos relacionados cos museos. Obradoiros didácticos, exposicións temporais, permanentes e itinerantes, plans directores e estratéxicos, estudos de público, produción integral de contidos, deseño de itinerarios, audioguías, museos virtuais, etc. Temos un modelo de xestión propio baseado na planificación estratéxica e o marketing cultural. Aumentamos o público visitante, dinamizamos as infraestruturas culturais, melloramos a calidade da experiencia mantendo o equilibrio financeiro. Ir a museos.
A xestión cultural é un segmento de negocio moi amplo, no que ao longo dos anos temos desenvolvido un catálogo de produtos amplo e diverso, completando a totalidade das etapas dun proxecto de xestión cultural, desde as actividades máis sinxelas ata as máis complexas. Formación e management cultural, xestión de programas culturais, industrias creativas, organización de congresos e seminarios, consultoría cultural, catalogación de arquivos, dinamización sociocultural, posicionamento de produtos culturais, presentación de informes técnicos, etc. Ir a Xestión Cultural.
En Trivium desenvolvemos todo tipo de consultoría turística e deseñamos servizos vencellados ao turismo cultural: somos expertos na planificación, deseño e comercialización de produtos turísticos. Realizamos plans directores de turismo, deseñamos manuais de identidade e marca, posicionamos destinos, facemos enquisas, etc. De xeito destacado, somos pioneiros na creación de contidos para soportes tecnolóxicos de última xeración. Transformamos recursos potenciais en produtos tanxibles, facemos que a cultura e o patrimonio podan sustentarse por eles mesmos. Ir a Turismo.
Para achegar o patrimonio natural e cultural á sociedade é necesario dar o paso entre a sinalización e descrición dun recurso e a toma de conciencia por parte do visitante do significado do lugar visitado. Isto só se consegue a través dunha planificación detallada antes de emprender calquera actuación, e da implicación dos destinatarios da mesma. En Trivium traballamos na aplicación destes criterios ao ámbito do tempo libre, onde promovemos cos nosos proxectos unha ocupación activa do lecer, vinculada á educación ambiental, á conservación dos espazos visitados e a unha comunicación atractiva e efectiva. Ir a Social.
Axudámoste a amosar a túa mellor cara. Trivium funciona como un altofalante dos teus proxectos. Grazas ao profundo coñecemento dos medios de comunicación actuais, temos a capacidade de difundir e amplicar as coberturas das noticias culturais. Realizamos plans de comunicación, servizos de comunity manager, cartafoles de prensa, xestión de contidos en páxinas web e perfís de RR.SS, organización de presentacións, actos institucionais, deseño de marcas, logotipos, folletos, publicacións, catálogos, etc. Ir a Comunicación.
Proxectos a medida
Temos varias iniciativas exclusivas con marca rexistrada. Un dos nosos últimos éxitos é a Semana do Patrimonio Invisible. Facemos proxectos a medida para cada cliente. Cóntanos que precisas e adaptámonos.
Dende 2016 xestionamos integramente esta infraestrutura de 12 millóns de euros. Incrementamos ano tras ano o número de visitantes e conseguimos que veñan máis de 6.000 escolares cada curso.
Visitas, obradoiros, unidades didácticas.
Somos especialistas en desenvolver programas e actividades didácticas adaptadas ao currículo educativo e a cada tramo de idade. A calidade dos obradoiros e a atención cercana do noso persoal titulado marca a diferenza.
Proxectos a medida
Poñemos en valor o noso pasado, os nosos oficios e tradicións. Un patrimonio inmaterial cada vez máis importante para o desenvolvemento turístico dun territorio. Facemos recolleitas etnográficas, producións audiovisuais, proxectos comunitarios... Que necesitas?
Patrimonio urbano
Cada vez máis as cidades son conscientes de que posúen un importante patrimonio urbano, artístico e industrial que é necesario poñer en valor. Un atractivo turístico diferenciador e cada vez máis de moda.
Documentos técnicos
Plans directores, estratéxicos, de ordenación funcional, orzamentos, cronogramas... Non importa a dimensión do proxecto senón dar os pasos axeitados cara o éxito. Trivium ten unha metodoloxía propia testada en centos de documentos e asistencias técnicas.
Pequenos proxectos que deixan pegada
Temos especial querencia polos eventos humildes. Con agarimo e profesionalidade trascenden moitas veces o anecdótico e deixan unha fonda pegada na comunidade.
Museos. Atención ao público.
No ano 2018, a Xunta de Galicia confiou en nós para levar a cabo a atención ao público e visitas guiadas do Museo do Viño de Galicia inaugurado recentemente.
Asistencia técnica
Hai documentos que requiren unha extraordinaria planificación e coordinación entre moitos axentes implicados. Por iso, o equipo técnico de Trivium é un dos poucos capacitado para elaborar proxectos europeos e unha candidatura a Patrimonio Mundial da UNESCO.
Museos
Este monumento da Costa da Morte sufriu un cambio radical dende que o Concello de Zas decidiu profesionalizar a súa xestión. Sentímonos moi orgullosxs de que hoxe sexa o máis visitado.
Museos
En setembro de 2017 confiáronos a xestión deste xacemento romano situado no concello de Mugardos. É motivador arrincar un museo dende cero e conseguir en pouco tempo que sexa tan visitado e querido pola comunidade.
Webs
Un produto exclusivo de Trivium. A posta en valor da cidade a través da literatura: os seus personaxes, citas, autores, editores e escenarios. Deseñamos integramente varios tipos de webs dirixidos á promoción turística e información patrimonial.
info@trivium.gal
Móbil: (+34) 619 377 772
Rúa do Hórreo nº19. Local 50. 15702. Santiago de Compostela.