Menú

Trivium estratexias en cultura e turismo é unha iniciativa creada en Santiago de Compostela en agosto de 2004. Pensamos que a cultura e o turismo son sectores estratéxicos clave para o desenvolvemento sostible dun territorio. O noso compromiso como axentes culturais favorece a conceptualización e produción global de proxectos que promoven os referentes patrimoniais do pasado e do mundo actual.

105
Clientes
256
Proxectos completados
10032
Reunións de traballo
3781000000000
Tazas de café

Os problemas xa os sabemos

Preferimos pensar nas solucións

Museos

Realizamos todo tipo de servizos relacionados cos museos. Obradoiros didácticos, exposicións temporais, permanentes e itinerantes, plans directores e estratéxicos, estudos de público, produción integral de contidos, deseño de itinerarios, audioguías, museos virtuais, etc. Temos un modelo de xestión propio baseado na planificación estratéxica e o marketing cultural. Aumentamos o público visitante, dinamizamos as infraestruturas culturais, melloramos a calidade da experiencia mantendo o equilibrio financeiro. Ir a museos.

Xestión Cultural

A xestión cultural é un segmento de negocio moi amplo, no que ao longo dos anos temos desenvolvido un catálogo de produtos amplo e diverso, completando a totalidade das etapas dun proxecto de xestión cultural, desde as actividades máis sinxelas ata as máis complexas. Formación e management cultural, xestión de programas culturais, industrias creativas, organización de congresos e seminarios, consultoría cultural, catalogación de arquivos, dinamización sociocultural, posicionamento de produtos culturais, presentación de informes técnicos, etc. Ir a Xestión Cultural.

Turismo

En Trivium desenvolvemos todo tipo de consultoría turística e deseñamos servizos vencellados ao turismo cultural: somos expertos na planificación, deseño e comercialización de produtos turísticos. Realizamos plans directores de turismo, deseñamos manuais de identidade e marca, posicionamos destinos, facemos enquisas, etc. De xeito destacado, somos pioneiros na creación de contidos para soportes tecnolóxicos de última xeración. Transformamos recursos potenciais en produtos tanxibles, facemos que a cultura e o patrimonio podan sustentarse por eles mesmos. Ir a Turismo.

Social

Para achegar o patrimonio natural e cultural á sociedade é necesario dar o paso entre a sinalización e descrición dun recurso e a toma de conciencia por parte do visitante do significado do lugar visitado. Isto só se consegue a través dunha planificación detallada antes de emprender calquera actuación, e da implicación dos destinatarios da mesma. En Trivium traballamos na aplicación destes criterios ao ámbito do tempo libre, onde promovemos cos nosos proxectos unha ocupación activa do lecer, vinculada á educación ambiental, á conservación dos espazos visitados e a unha comunicación atractiva e efectiva. Ir a Social.

Comunicación

Axudámoste a amosar a túa mellor cara. Trivium funciona como un altofalante dos teus proxectos. Grazas ao profundo coñecemento dos medios de comunicación actuais, temos a capacidade de difundir e amplicar as coberturas das noticias culturais. Realizamos plans de comunicación, servizos de comunity manager, cartafoles de prensa, xestión de contidos en páxinas web e perfís de RR.SS, organización de presentacións, actos institucionais, deseño de marcas, logotipos, folletos, publicacións, catálogos, etc. Ir a Comunicación.

É un grao, ou dous.

Algúns dos nosos traballos

Semana do Patrimonio Invisible

Proxectos a medida


Temos varias iniciativas exclusivas con marca rexistrada. Un dos nosos últimos éxitos é a Semana do Patrimonio Invisible. Facemos proxectos a medida para cada cliente. Cóntanos que precisas e adaptámonos.


Xestión Cultural

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

Grandes proxectos

Dende 2016 xestionamos integramente esta infraestrutura de 12 millóns de euros. Incrementamos ano tras ano o número de visitantes e conseguimos que veñan máis de 6.000 escolares cada curso.


Museos

Programas didácticos

Visitas, obradoiros, unidades didácticas.


Somos especialistas en desenvolver programas e actividades didácticas adaptadas ao currículo educativo e a cada tramo de idade. A calidade dos obradoiros e a atención cercana do noso persoal titulado marca a diferenza.


Museos Xestión Cultural

Manual de Identidade

Castelo de Pambre


Contamos cos algúns dos mellores deseñadores gráficos de Galicia. Proporcionan a cada proxecto unha imaxe coherente, elegante e con personalidade propia.


Museos Turismo

Patrimonio etnográfico

Proxectos a medida


Poñemos en valor o noso pasado, os nosos oficios e tradicións. Un patrimonio inmaterial cada vez máis importante para o desenvolvemento turístico dun territorio. Facemos recolleitas etnográficas, producións audiovisuais, proxectos comunitarios... Que necesitas?


Xestión Cultural Turismo Museos

Escultura contemporánea

Patrimonio urbano


Cada vez máis as cidades son conscientes de que posúen un importante patrimonio urbano, artístico e industrial que é necesario poñer en valor. Un atractivo turístico diferenciador e cada vez máis de moda.


Xestión Cultural Turismo

Plan de Usos do Castelo de San Felipe

Documentos técnicos


Plans directores, estratéxicos, de ordenación funcional, orzamentos, cronogramas... Non importa a dimensión do proxecto senón dar os pasos axeitados cara o éxito. Trivium ten unha metodoloxía propia testada en centos de documentos e asistencias técnicas.


Museos Turismo

Arqueoloxía experimental

Actividades especiais


Contamos con verdadeirxs especialistas en investigación, excavación e divulgación da arqueoloxía. Levamos máis de dez anos realizando obradoiros de arqueoloxía experimental para tódolos niveis e grupos de idade.


Museos

Homenaxe 100 anos de Álvaro Cunqueiro

Pequenos proxectos que deixan pegada


Temos especial querencia polos eventos humildes. Con agarimo e profesionalidade trascenden moitas veces o anecdótico e deixan unha fonda pegada na comunidade.


Xestión Cultural

Exposicións temporais

Museos


Realizamos exposicións temporais adaptadas a calquera espazo e necesidade. Deseño, elaboración de contidos, montaxe, transporte, desmontaxe, comunicación cultural...


Museos

Museo do Viño de Galicia

Museos. Atención ao público.


No ano 2018, a Xunta de Galicia confiou en nós para levar a cabo a atención ao público e visitas guiadas do Museo do Viño de Galicia inaugurado recentemente.


Museos

Proxectos Museográficos

Museos


Deseñamos integramente a museoloxía e museografía dos Centros de Interpretación: contidos, usos, mobiliario, cumprimento do Código Técnico de Edificación, accesibilidade, itinerarios e visitas virutais.


Museos

Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración

Asistencia técnica


Hai documentos que requiren unha extraordinaria planificación e coordinación entre moitos axentes implicados. Por iso, o equipo técnico de Trivium é un dos poucos capacitado para elaborar proxectos europeos e unha candidatura a Patrimonio Mundial da UNESCO.


Turismo

Torres do Allo

Museos


Este monumento da Costa da Morte sufriu un cambio radical dende que o Concello de Zas decidiu profesionalizar a súa xestión. Sentímonos moi orgullosxs de que hoxe sexa o máis visitado.


Museos

Centro de Intepretación de Caldoval

Museos


En setembro de 2017 confiáronos a xestión deste xacemento romano situado no concello de Mugardos. É motivador arrincar un museo dende cero e conseguir en pouco tempo que sexa tan visitado e querido pola comunidade.


Museos

Mapa Literario de Compostela

Webs


Un produto exclusivo de Trivium. A posta en valor da cidade a través da literatura: os seus personaxes, citas, autores, editores e escenarios. Deseñamos integramente varios tipos de webs dirixidos á promoción turística e información patrimonial.


Xestión Cultural Turismo

Máis do 90% dos nosos clientes repiten con nós

Confianza, calidade e eficacia.

O equipo titular

César Abella
César Abella DIRECTOR XERAL
Fundador e Director xeral.
Dende a súa creación no ano 2004 coordina un equipo de profesionais multidisciplinar e presenta iniciativas relacionadas co turismo, a xestión cultural, as exposicións e a interpretación do patrimonio a instituciones de ámbito público e privado. Ao longo destes anos ten coordinado máis de 250 proxectos. É membro individual de ICOMOS España.
cesar@trivium.gal
Author image
Leonardo González EXPERTO EN PATRIMONIO E TURISMO O seu nome xa o predecía. É o espírito renacentista do equipo. Poucos datos hai que non teña na cabeza este arqueólogo de formación. Encárgase de chegar ata o fondo das cuestións e asegurarse de que traballamos sobre base científica. Bota as horas que faga falta para deixar a un cliente satisfeito. Ten amizades en todas partes, por algo será.
leonardo@trivium.gal

Author image
Fran Peleteiro COORDINADOR DE CULTURA E MUSEOS Pode ter unha media de vintecinco ideas novas cada hora... incluso algunha boa. Se existe o I+D+I da creatividade ese sería o seu departamento. Cunha formación ecléctica perfílase como un experto en interpretación, do patrimonio ou do que faga falta. Actualmente é coordinador de proxectos na área de Museos.
fran@trivium.gal

Falamos?

Seguro que vos podemos axudar

O noso correo

info@trivium.gal

Tamén nos podes chamar

Fixo: (+34) 981 074 963
Móbil: (+34) 619 377 772

A nosa oficina principal está en

Rúa Galeras 17, 3º Oficina 2-3
15705, Santiago de Compostela (Galicia)
Europa